Carta de masaxes
Masaxe ReSet
ReSet ofrece unha combinación de técnicas de masaxe miofascial, reflexoloxía auricular e osteopatía sacrocraneal nunha experiencia única tanto pola súa eficacia como pola súa simplicidade.
Calma o sistema nervioso e facilita a comunicación entre os pares craneais, inducindo na persoa receptora un estado de relaxación meditativa difícil de conseguir con outro tipo de técnicas.
Altamente recomendado para casos de bruxismo, estrés e parestesias faciais. Vinte minutos de ReSet proporcionan un descanso equivalente a catro horas de sono reparador.
Este protocolo é unha creación exclusiva de LiftUp.
Masaxe RX
A masaxe RX chámase así porque se realiza mediante a aplicación de varas de Ratán o e pedras de Xade previamente quentadas.
É un protocolo que combina a masaxe coa aplicación de calor.
Favorece a circulación e a drenaxe de líquidos. Alivia a tensión muscular e produce unha profunda relaxación a nivel emocional.
Masaxe tailandesa
A masaxe tailandesa é unha forma tradicional de terapia corporal orixinaria de Tailandia. Baséase na combinación de movementos de estiramento, presión e manipulación ao longo do corpo.
A masaxe tailandesa realízase no chan sobre un futón, e tanto a persoa que manipula como a persoa receptora están vestidos con roupa cómoda. Úsanse as mans, os polgares, os cóbados, os xeonllos e os pés para aplicar presión en puntos específicos e realizar estiramentos controlados.
Libera a tensión muscular, mellora a flexibilidade e equilibra o estado de vitalidade.

Combo relax
O combo relax é unha mestura de técnicas e ferramentas enfocadas a producir unha experiencia única.
É unha masaxe de corpo enteiro que combina as manipulacións da masaxe sueca orixinal coa suavidade e os envolvementos do californiano.
Compleméntase coa aplicación de calor mediante pedras de xade. O uso de aceites esenciais transforma esta masaxe nunha experiencia multisensorial.
Inclúe unha mostra da masaxe ReSet que proporciona o toque final de relaxación profunda a nivel físico e mental.

Masaxe californiana
A masaxe californiana é unha técnica creada nos anos 70 no instituto esalen de California.
O instituto Esalen é un centro educativo e de retiro que leva a cabo experiencias innovadoras no campo da psicoloxía, da terapia gestalt e outras disciplinas de crecemento persoal integrando a conexión entre corpo e mente.
Trabállase en desnudez total, tratando o corpo como unha unidade non segmentada. Aplica movementos longos, fluídos e envolventes que recrean a sensación de protección do recén nado no seo materno.
Esta masaxe marcou un cambio de paradigma que prima o efecto neurolóxico e calmante sobre o puramente muscular.
A masaxe californiana procura liberar o estrés acumulado, contribuíndo á mellora do estado de ánimo. Axuda a reducir a ansiedade e mellora a calidade do sono.

Masaxe tántrica
Tantra refírese a unha tradición da India de mediados do I milenio DC que abordaba a sexualidade como una aspecto máis da natureza e do ser humano.
A masaxe tántrica foi desenvolvida nos anos 80 por Andro Andreas Rothe, fundador do Diamond Lotus Tantra Lounge, o primeiro instituto de tantra na Alemaña.
Tras conducir á persoa receptora a un estado de profunda relaxación, manipúlanse as áreas eróxenas do corpo favorecendo que a enerxía sexual comence a recorrer o corpo desprovista de condicionantes, expectativas e intención.
A experiencia da masaxe tántrica axuda a superar episodios de falta de líbido, anorgasmia ou exaculación precoz, entre outros. Esta técnica induce a liberar grandes cantidades de oxitocina, endorfinas, dopamina e serotonina, polo que resulta de gran utlidade en casos de ansiedade, depresión e falta de enerxía.
