Estética
A primeira impresión que provocamos nas persoas é fundamental, e o aspecto físico xoga un papel importante, porque coidando a nosa aparencia comunicamos unha imaxe positiva da nosa personalidade.
Un bo aspecto físico causa unha impresión positiva de confianza e coidado persoal que pode abrir portas no ámbito persoal, social e laboral.
Sentirnos ben co noso corpo fainos sentir máis seguridade, gozar máis da vida, participar en diferentes actividades e experimentar novas sensacións.
Coidar o noso corpo non é só unha cuestión de estética, senón tamén de saúde.
Unha dieta saudable, exercicio físico regular e un descanso adecuado son esenciais para manter unha boa condición física.
Isto axúdanos a previr enfermidades, mellorar o rendemento físico e ter máis enerxía.
Coidar o aspecto do corpo require disciplina e responsabilidade.
Isto axúdanos a desenvolver hábitos saudables e a ter un maior control sobre as nosas vidas, o que pode ser un bo exemplo para as persoas que nos reodean, especialmente os nenos.
En LiftUp practicamos unha estética natural baseada na saúde
Servizos de estética en LiftUp
Lipoláser
- Complementa unha dieta equilibrada reducindo a graxa localizada
- Axuda a retraer os tecidos despois do parto
- Mellora a xinecomastia (aumento de peito masculino)
- Complementa o tratamento do Síndrome metabólico de carbohidratos
Protocolo Gusa-sha
- Mellora a circulación proporcionando á pel un brillo natural
- Tonifica a pel estimulando a producción de coláxeno e elastina
- Mellora a textura e elasticidade da pel
- Suaviza a apariencia das liñas de expresión
Lifting facial escultural
- Define a forma do óvalo facial
- Restablece o equilibrio de tensión músculo-fascial
- Proporciona firmeza e tonificación
- Define e resalta as liñas do rostro