Barras de Access©

Que son as Barras de Access©

A premisa é sinxela.

Hai 32 puntos na cabeza que representan diferentes áreas da vida como a comunicación, a conciencia, o diñeiro, o control, a creatividade, etc.

Durante unha sesión de Barras de Access, estes puntos son tocados para liberar a carga electromagnética, acumulada no corpo, dos pensamentos, sentimentos, crenzas e emocións limitantes que corresponden á barra específica que se está activando.

access bars head points

Isto é doado de entender se pensas no cerebro como nun ordenador traballando.

Por unha banda, hai todo tipo de cousas útiles, pero, por outra banda, tamén hai moito desorde e lixo.

Poden ser ficheiros que se almacenaron aí durante anos, como as crenzas negativas que temos sobre nós mesmos dende a infancia. Ou quizais sexa unha nova emoción como o estrés financeiro causado por un despedimento inesperado.

Ó tocar as áreas onde está ese lixo (eses pensamentos, sentimentos e emocións inútiles), ese lixo desbótase. ¡É algo así como reiniciar un ordenador!

¿Non che gustaría experimentar o mesmo reinicio para que a túa mente poida funcionar con máis tranquilidade?

Que poden facer as Barras de Access© por ti

Hai moitos efectos positivos nas Barras de Access. Algúns inclúen:

 Aumento da calma, paz e relaxación

  • Máis claridade mental
  • Sono máis reparador
  • Aumento da enerxía
  • Menos estrés e tensión corporal
  • Menos reactividade
  • Redución dos pensamentos, crenzas e emocións limitantes
Scroll ao inicio