Aromaterapia

aceite esencial lavanda

Un aceite esencial é unha substancia altamente volátil que producen algunhas plantas.

Estes aceites extráense de varias partes da planta, como flores, follas, talos, raíces, casca e froitos.

Os compostos químicos presentes nos aceites esenciais son os responsables do aroma característico da planta e teñen propiedades beneficiosas para o funcionamento das nosas células.

aceite esencial menta piperita
Gattefosse

O termo Aromaterapia foi acuñado por primeira vez en 1920 por René-Maurice Gattefosé, químico e perfumista.

O seu libro Aromathérapie-Les huiles essentielles, hormones végétales serviu para divulgar as experiencias e resultados de moitos anos de colaboración con numerosos médicos na aplicación de aceites esenciais no tratamento de diversas enfermidades.

Actualmente existen dúas correntes no campo da aromaterapia.

Aromaterapia francesa

  • É coñecida como “aromaterapia científica”
  • Céntrase na aplicación terapéutica precisa dos aceites esenciais para tratar problemas específicos de saúde.
  • Enfoque clínico e médico, con pautas estrictas na creación de mezclas.

Aromaterapia inglesa

  • É coñecida como “aromaterapia holística”
  • Enfócase no equilibrio emocional e mental, así como no apoio ó sistema inmunolóxico.
  • Presta máis atención ás preferencias persoais e ó benestar da persoa.

Sinfonía celular

A técnica Sinfonía Celular é unha aproximación específica á aromaterapia desenvolvida por Boyd Truman.

Esta técnica utiliza aceites esenciais aplicados sobre a pel para abordar diferentes sistemas fisiolóxicos.

O obxectivo é equilibrar e harmonizar o corpo a nivel celular, utilizando a sinerxía dos compoñentes dos aceites esenciais.

Durante unha sesión de Sinfonía Celular aplícanse unha serie de aceites esenciais de maneira secuencial, escollidos para atender ás necesidades dos diferentes sistemas corporais: respiratorio, circulatorio, endocrino, muscular…

Cada protocolo de aplicación está deseñado para abordar desequilibrios específicos e promover a saúde e o benestar.

A técnica realñizase en sesións que poden variar en duración dependendo dos protocolos específicos empregados.

Preguntas frecuentes

¿Cómo se seleccionan os aceites esenciais específicos para cada protocolo de Sinfonía Celular?

Os aceites esenciais son escollidos segundo a súa composición e as súas propiedades para abordar sistemas e funcións corporais específicas, personalizando a experiencia segundo as necesidades individuais.

Os aceites esenciais reforzan e facilitan a actividade celular, polo que actúan á vez en varios sistemas corporais. Un protocolo enfocado á mellora do sistema dixestivo tamén ten efectos beneficiosos nos sistemas circulatorio, linfático e nervioso.

Unha sesión implica a aplicación secuencial de aceites esenciais ó longo dos canais linfáticos da espalda, dos ganglios auriculares e da fascia plantar. A duración depende do protocolo pero polo xeral dura entre 20 e 30 minutos.

Si. O uso de aceites esenciais complementa de maneira segura e efectiva outros tratamentos.

Os aceites esenciais pódense aplicar en tódalas idades e condicións de saúde sempre e cando se coñeza a súa composición e propiedades e se dilúan de maneira correcta. Algunhas persoas poden manifestar alerxias ó uso de aceites esenciais. Nese caso prodúcese unha reacción inmediata na pel que avisa de interrumpir o tratamento, sen maiores consecuencias.

Coñece os protocolos máis demandados

Estes son os protocolos máis demandados pola rapidez e eficacia que proporciona o tratamento con aceites esenciais.

Protocolo respiratorio

Os aceites esenciais ofrecen grandes beneficios para o sistema respiratorio debido ás súas propiedades antimicrobianas, antiinflamatorias e desconxestionantes.

A meirande parte dos compostos farmacéuticos que tratan síntomas gripais e de resfriados inclúen na súa formulación principios activos que proveñen dos aceites esenciais. Actualmente estes principios activos son fabricados artificialmente en laboratorios, polo que carecen dos compoñentes secundarios que potencian a efectividade do aceite esencial natural.

Algúns dos mecanismos de acción dos aceites esenciais para reforzar o sistema respiratorio son:

  • Propiedades antimicrobianas.
  • Propiedades antiinflamatorias.
  • Producen desconxestión nasal.
  • Estimulan a expectoración.
  • Alivian a tos.

Protocolo antiinflamatorio

Os aceites esenciais conteñen compostos bioactivos con efectos beneficiosos para reducir a inflamación no corpo.

No campo deportivo é frecuente a utilización de cremas e xeles que conteñen mentol, alcanfor ou salicilato de metilo obtidos en laboratorio.

Estes e outros principios activos aumentan a súa eficacia en virtude da complexidade química proporcionada pola planta natural.

Algúns dos mecanismos de acción máis comúns son:

  • Conteñen terpenoides, fenois e alcoholes que reducen a producción de mediadores proinflamatorios.
  • Teñen efectos inhibidores sobre a ciclooxinesasa (COX) e a lipooxinesasa (LOX), enzimas involucradas na producción de prostaglandinas e leucotrienos.
  • Son ricos en antioxidantes que poden neutralizar a inflamación asociada coa producción de radicais libres.
  • Poden afectar á permeabilidade vascular, reducindo a fuga de fluídos e células nmunitarias hacia os tecidos de disminuíndo a resposta inflamatoria local.
Scroll ao inicio