Osteopatía

Unha sesión de osteopatía comeza cun estudio visual das cadeas miofasciais.

A fascia é o tecido que envolve todas as estruturas corporais, producindo un equilibrio de forzas que condiciona a postura. É o desequilibrio entre estas forzas o que causa as distintas patoloxías (tendinites, cefaleas, contracturas…) que poden chegar a cronificarse.

cadenas musculares

Unha vez detectados estes desequilibrios, aplícanse tratamentos específicos adaptados ás cinrcunstancias concretas de cada caso.

Isto puede incluir o emprego de electro acupuntura, aplicación de calor, ventosas, masaxe e estiramentos.

electro acupuntura
masaje terapeutico quiromasaje puntos gatillo

Fastick Flow

Despois de cada sesión, proporcionamos unha orientación de modo que cada persoa poida manter o equilibrio de forzas tensionais no seu día a día dunha maneira rápida, sinxela e efectiva.

A este respecto, tras 20 anos de experiencia, temos desenvolto un método propio de traballo corporal chamado Fastick Flow.

Fastick Flow combina elementos de artes marciais, pilates, ioga e hipopresivos.

É un exercicio de baixo impacto deseñado para mellorar a mobilidade en persoas de tódalas idades e condicións físicas.

O seu rasgo máis chamativo é que para ampliar o rango articular, alinear a columna, mellorar o equilibrio e estabilizar a pisada, axúdase dunha vara de madeira.

Scroll ao inicio