Terapia redox
Qué son as moléculas de sinalización redox
Probablemente nunca oíches falar da sinalización redox, pero é algo que está a suceder cada segundo no corpo de cada ser vivo.

As moléculas de sinalización Redox son portadoras de mensaxes celulares creadas dentro de cada célula do corpo, que axudan a protexer, rexuvenecer e restaurar as células.
Os científicos sábeno dende principios do século pasado, pero é agora cando esta biotecnoloxía comeza a estar disponible para as persoas.
Estas moléculas prodúcense de forma natural dentro das nosas células. Son moléculas mensaxeiras. As células reorganizan as moléculas de auga e sal para crealas cada segundo de cada día.
Algunhas das súas funcións son:
- Defender ás células
- Reparar as células danadas
- Substituír as células danadas por outras máis novas e saudables
Estas moléculas de sinalización manteñen a comunicación entre todas as nosas células mentres traballan xuntas para avanzar a vida.

Coa idade, a produción interna destas moléculas diminúe. Este descenso vese acelerado polo estrés, a contaminación, as enfermidades, a mala alimentación e as toxinas de todo tipo.
Co paso do tempo, aumenta a probabilidade de que a saúde e a mobilidade diminúan. A medida que a eficiencia na comunicación celular comeza a fallar, deixamos de curar tan fácilmente de enfermidades ou lesións.
Despois de 17 anos de investigación, hoxe dispoñemos dunha maneira de suplementar as moléculas de sinalización Redox do noso organismo para que volva funcionar dunha maneira óptima.
Que poden facer as moléculas de sinalización Redox por ti?
As moléculas de sinalización Redox axudan a protexer e rexuvenecer as células e mantelas funcionando nos seus niveis óptimos, o que redunda nunha saúde mellorada en tódolos aspectos, xa que reducen o estrés oxidativo que subxace á maioría dos problemas de saúde crónicos.
- Reforzan as saúde cardiovascular e melloran a elasticidade arterial.
- Axudan a manter unha resposta inflamatoria saudable
- Melloran a eficiencia do sistema inmunitario
- Melloran a saúde intestinal e a producción de enzimas dixestivas
- Modulan o equilibrio hormonal
- Aumentan a resistencia e reducen o tempo de recuperación na práctica deportiva
As moléculas de sinalización redox conteñen catro átomos que poden cruzar a barreira hematoencefálica. Isto implica que tamén teñen efecto sobre a mellora do sono, o estado de ánimo e os problemas neurolóxicos.
Solicita unha cita informativa sobre a terapia de sinalización molecular Redox e recibirás gratuitamente toda a información que precises sobre a súa eficacia para cada caso e a maneira de implementala.
- +34 679 89 58 60
